Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Nutrición e dietética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Valorarase a capacidade de exposición e síntese así como o manexo do TIC. 5 B1
B2
B3
B4
C23
C24
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D9
Seminario
É obrigatoria a entrega de tódolos seminarios. Valorarase tanto o cumprimento das datas de entrega (5%), como a resolución das actividades propostas (25%).
30 B1
B2
B3
B4
B5
C23
C24
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D9
Traballo tutelado
Valorarase o contido do traballo, a dificultade do tema elixido e as fontes de información utilizadas (número, fiabilidade, actualidade...). Será obrigatorio para os alumnos a asistencia a todas as sesións de exposición de traballos quedando así o alumno exento de examinarse deses contidos.
15 B1
B2
B3
B4
B5
C23
C24
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D9
Autoavaliación
Será necesario para a súa valoración que o alumno entregue todalas probas de autoevaluación. A entrega en tempo e forma valorarase cun 2% e o acerto na resolución cun máximo de 8%.
10 A3
B1
B4
C23
C24
D1
D5
D8
Exame de preguntas obxectivas
Realizarase un exame no que o alumno terá que contestar a unha serie de preguntas curtas relacionadas cos contidos da materia. Para superar a materia o alumno deberá obter un 5 sobre 10 no exame.
40 A3
B1
B2
C23
C24
D1
D3
D5
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Hai dúas modalidades de avaliación: 
- Avaliación continua 
- Avaliación global 

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. 

Na Avaliación Continua: 
1. A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada unha das metodoloxías programadas. 
2. É condición indispensable para superar a materia obter un 5 sobre 10 na valoración de cada metodoloxía e ter entregadas todas as actividades docentes propostas. 
3. En caso de non obter unha puntuación igual ou superior a 5 no exame de preguntas curtas, a nota en actas será a do exame, non contabilizando o resto de actividades docentes até superar dita nota. 
4. Isto mesmo aplicarase ao resto de actividades docentes en caso de non alcanzar nalgunha delas unha nota igual ou superior a 5. En actas reflectirase unicamente a nota desa actividade, ata que se supere o 5. 
5. O alumnado que na 1ª edición non alcance a nota mínima establecida para a proba de preguntas curtas (polo menos un 5) gardaráselles a cualificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do mesmo curso.
6. Para superar a materia deberán alcanzar un 50% da nota máxima en cada unha das partes avaliables.

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

As datas oficiais de exámenes, poderase consultar na páxina Web do Centro, e son as seguintes:

Fin de carreira: 26 de setembro de 2023 16:00 h

1ª Edición: 2 de Abril de 2024 16:00 h

2ª Edición: 10 de xullo 2024 10:00 h

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as datas válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000