Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ampliación de bromatoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A sesión maxistral trátase dunha estratexia didáctica fundamentalmente informativa que se caracteriza pola exposición oral do profesor do temario do programa durante sesións de 50 minutos co apoio de presentacións en Power Point, vídeos didácticos e encerado.
Seminario Os seminarios son un complemento ideal e necesario do programa de leccións teóricas. Esta ferramenta permite:

1. Complementar aspectos teóricos e prácticos nos que non se puido profundar adecuadamente
durante as sesións maxistrais.

2. Resolver exercicios, problemas, casos prácticos e cuestións relacionados cos distintos temas
da materia levados a cabo polo alumno de forma autónoma.

3. Discutir os resultados obtidos.
Os seminarios desenvolveranse ao longo do curso académico, tratando de coincidir ben co
final dos temas ou cos bloques temáticos.
Prácticas de laboratorio O programa de clases prácticas está orientado a familiarizar ao alumno co manexo das técnicas básicas da análise bromatolóxico.

As prácticas seleccionáronse de modo que o seu desenvolvemento sexa coherente co resto de actividades da materia, como clases de teoría e seminarios.

Estas clases realizaranse no laboratorio da Área de Nutrición e Bromatoloxía e realizaranse en grupos de dous ou tres alumnos. A finalidade desta actividade é fomentar o traballo en grupo, que o alumno aplique os coñecementos adquiridos na clase teórica, estimular a capacidade de autoaprendizaje e completar de forma sólida os coñecementos adquiridos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000