Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Toxicoloxía alimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario O alumno deberá entregar a través das plataformas de teledocencia alomenos un 80 % dos seminarios planificados durante o curso. A realización dos seminarios suporá ata un 20 % da nota final, que incluirá a actitude, a súa participación e os resultados acadados nos mesmos.

Resultados previstos na materia: RA1, RA4, RA5, RA6, RA7.
25 A3
B1
B3
C5
C7
C8
C17
C18
C19
D5
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse tendo en conta a participación e actitude do alumno durante o desenvolvemento das prácticas e mediante un exame que se realizará á finalización das mesmas.
Para superar a materia é obrigatorio a asistencia polo menos dun 80 % das horas prácticas e aprobar devandito exame.

Resultados previstos na materia: RA4, RA5, RA6, RA7.
20 A3
B3
C5
C8
C17
C18
C19
D5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas(Repetida non usar) As prácticas de laboratorio avaliaranse tamén mediante a elaboración dunha memoria de prácticas que se presentará ao finalizar as mesmas.

Resultados previstos na materia: RA4, RA5, RA6, RA7.
15 A3
B3
C5
C8
C17
C18
C19
D5
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame final teórico que representará un 40 % da nota final da materia. Para poder promediar a nota do exame co resto de cualificacións o alumno debe alcanzar obrigatoriamente unha puntuación de 5 sobre 10.

Resultados previstos na materia: RA1, RA2, RA3, RA4.
40 A2
A3
B1
B3
C6
C7
C8
C17
C18
C19
D5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames do curso académico 2023/2024 serán:

  • Fin de Carreira: 21 de setembro de 2023, ás 16:00 h.
  • 1ª edición ordinaria: 10 de novembro de 2023, ás 10:00 h.
  • 2ª edición ordinaria: 5 de xullo de 2024, ás 10:00 h.

En caso de erro na transcrición nas datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do centro.

O estudantado terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia: avaliación continua ou avaliación global. A avaliación será preferentemente continua. Aquel alumno que desexe acollerse á avaliación global deberá comunicarllo á coordinadora da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun plazo inferior a un mes dende a data de comezo da docencia da materia.

Os alumnos que se acollan á avaliación global serán calificados tendo en conta únicamente a nota do exame teórico (70 %) e a nota de prácticas de laboratorio (30 %).

Convocatoria Fin de Carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100 % da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

Segunda ordinaria (Xullo): o alumno poderá elixir previamente antes desta convocatoria se quere manter a avaliación continua (promediando á nota do exame coas notas acadadas durante o bimestre) ou ser avaliado mediante a avaliación global. Se o alumno non manifesta a súa postura antes da data oficial do examen, entenderase que opta pola avalición continua.

Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000