Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Bromatoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Cuestionarios de auto-avaliación que o alumno terá que resolver ao finalizar cada tema

Resultados previstos na materia: RA2, RA3
10 C1
C2
C4
C6
C19
Seminario O alumno deberá entregar a través das plataformas de teledocencia alomenos un 80 % dos seminarios planificados durante o curso. A realización dos seminarios suporá ata un 20 % da nota final, que incluirá a actitude, a súa participación e os resultados acadados nos mesmos.

Neste punto valorarase tamén a participación voluntaria e activa do
alumnado que participe no proxecto ApS mediante a valoración do material didáctico elaborado e as horas de dedicación ó proxecto.

Resultados previstos na materia: RA2, RA3
20 C1
C2
C4
C6
C19
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse mediante un exame que se realizará á finalización das mesmas. Para superar a materia é obrigatorio á asistencia alomenos dun 80 % das horas prácticas e aprobar o devandito exame.

Resultados previstos na materia: RA1, RA2, RA3
20 B2
B5
C1
C2
C4
C6
C17
C19
D1
D4
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final teórico que representará un 40 % da nota final da materia. Para poder promediar a nota do exame co resto de cualificacións o alumno debe alcanzar obrigatoriamente unha puntuación de 5 sobre 10.

Resultados previstos na materia: RA2, RA3
40 C1
C2
C4
C6
C19
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas As prácticas de laboratorio avaliaranse tamén mediante a elaboración dunha memoria de prácticas que se presentará ao finalizar as mesmas.

Resultados previstos na materia: RA1
10 B2
B5
C17
C19
D1
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames do curso académico 2023/2024 serán:

Fin de Carreira: 18 de setembro de 2023, ás 16:00 h
1ª convocatoria: 7 de novembro de 2023, ás 10:00 h
2ª convocatoria: 2 de xullo de 2024, ás 10:00 h 

En caso de erro na transcrición nas datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de
anuncios e na web do centro. 

O estudantado terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia: avaliación continua ou avaliación global. A avaliación será preferentemente continua. Aquel alumno que desexe acollerse á avaliación global deberá comunicarllo ó coordinador da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun plazo inferior a un mes dende a data de comenzo da docencia da materia.

Os alumnos que se acollan á avaliación global serán calificado tendo en conta únicamente a nota do exame teórico (75 %) e a nota de prácticas de laboratorio (25 %).

Convocatoria Fin de Carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que
valerá o 100 % da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos. 

Segunda convocatoria (Xullo): o alumno poderá elexir previamente antes desta convocatoria se quere manter a avaliación
continua (promediando á nota do exame coas notas acadadas durante o bimestre) ou ser avaliado mediante a avaliación global. Se o alumno non manifesta a súa postura antes da data oficial do examen, entenderase que opta pola avalición continua.

Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético
(copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación),
que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000