Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química e bioquímica alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
=== MODALIDADE MIXTA ===
Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Suprimiranse as titorías presenciais por sesións de titorización realizadas por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
As prácticas realizaranse en formato presencial adoptando as medidas de seguridade establecidas por a Universidade.

=== MODALIDADE NON PRESENCIAL ===
1.1. SESIÓN MAXISTRAL: os contidos teóricos impartiranse mediante as ferramentas habilitadas no Campus Remoto da Universidade de Vigo. Ao finalizar cada tema entregaránselle aos alumnos cuestionarios tipo Test para afinzar os contidos teóricos expostos.

1.2. PRACTICAS DE LABORATORIO: Diseñaránse prácticas que os alumnos poderán realizar na casa con alimentos, ingredientes alimentarios e útiles de uso habitual na cociña (desnaturalización de proteínas por calor, xelificación, templado do chocolate, enzimas de alimentos, etc...). Os alumnos terán que facer un informe pormenorizado das experiencias que realizan, do procedemento que aplican e unha discusión razoada dos resultados aplicando os conceptos estudiados nas clases de teoría.

1.3. SEMINARIOS: A tipoloxía de seminarios que están planificados reproduciranse nas aulas virtuais. Os alumnos realizan as actividades programas de xeito individual que entregarán para a súa avaliación. Adicionalmente e en datas fixadas, poñeranse en común na aula virtual.

1.4. RESOLUCION DE PROBLEMAS DE FORMA AUTONOMA. Non procede ningunha medida adicional.

1.5. TITORIAS. As titorías levaranse a cabo no despacho virtual das profesoras, pedindo cita previa a través do correo electrónico

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non procede

* Outras modificacións
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

FIN DE CARREIRA: o exame suporá o 100 % da nota.

FIN DE BIMESTRE: a avaliación non sufrirá mais modificación que o seu traslado o campus remoto das actividades presenciais avaliables

SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo): a avaliación non sufrirá mais modificación que o seu traslado o campus remoto das actividades presenciais avaliables
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000