Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química orgánica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Química orgánica Código O01G041V01304
Titulación
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química orgánica
Coordinador/a
Souto Salgado, José Antonio
Correo-e souto@uvigo.es
Profesorado
Souto Salgado, José Antonio
Web
Descrición xeral A denominación da Química como a Ciencia Central e un bo indicador da súa relevancia dentro de calquera ámbito científico ou tecnolóxico. A Química no seu obxectivo de tratar de entender as propiedades das substancias e os cambios que experimentan, e dentro dela a Química Orgánica, é unha das ciencias máis relacionadas coa nosa vida cotiá. Tanto os principais constituíntes da materia viva (proteínas, carbohidratos, lípidos, ácidos nucleicos, encimas...) coma moitas outras substancias que forman parte do noso mundo (medicamentos, pesticidas, xabóns, tecidos, combustibles...), son moléculas orgánicas. Por iso mesmo, trátase dunha disciplina moi relacionada coa Bioquímica, a Bioloxía Molecular, a Fisioloxía, Farmacoloxía, etc. e o seu coñecemento é de capital importancia en gran número de especialidades tecnolóxicas como a Produción Animal ou Vexetal, a Tecnoloxía de Materiais ou a Tecnoloxía de Alimentos, entre outras.
A materia de Química Orgánica no Grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos preséntase como unha disciplina instrumental que proporciona ao alumno as ferramentas básicas que lle permitirán, nos seus estudos posteriores e no desempeño profesional, comprender ós distintos procesos químicos que sofren os
alimentos e os seus compoñentes e aditivos, e ás reaccións de derivatización e métodos de detección implicados nas principais técnicas analíticas. Preténdese, por tanto, que o alumno adquira uns coñecementos básicos da disciplina que lle permitan comprender a estrutura dos compostos orgánicos, as súas propiedades
e reaccións. A aproximación empregada será a de relacionar estrutura con propiedades e estas coa reactividade.

As prácticas de laboratorio, constitúen unha parte moi importante das actividades da asignatura, proporcionando o marco idóneo para sintetizar os coñecementos e competencias adquiridos durante o curso e aplicalos nun contexto próximo ó que se vai atopar o alumno fóra da Facultade.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000