Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Empresa: Economía e empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1. Haberá dúas probas: unha hacia a metade do bimestre e a outra na fecha oficial de exame de 1ª oportunidade que valerán un 37,5% cada unha. 75 A3
B1
C9
C14
D1
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas nas que o alumno deberá solucionar unha serie de
problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste
xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos na teoría.
Porase especial atención no resultado de aprendizaxe RA1. Haberá dúas probas: unha hacia a metade do bimestre e a outra na fecha oficial de exame de 1ª oportunidade que valerán un 12,5% cada unha.
25 A3
B1
C9
C14
D1
D4
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira oportunidade:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
A modalidade de avaliación preferente será a avaliación continua. Anunciarase a principio de curso
un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación
continua. 

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación
continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi
antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á
plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novidades que
se produzan.

O sistema de avaliación por defecto será a avaliación continua. Aqueles estudantes que desexen a avaliación global (100% da
cualificación no exame oficial) deben comunicalo ao responsable da
materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non
superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

Opción B (avaliación global) : O estudante será avaliado mediante a realización dun exame final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes probas: tipo test (75%) e resolución de problemas e/ou exercicios (25%).

- Recuperación: Segunda oportunidade (xullo de 2024):

Haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: No sistema de avaliación continua conservaranse as notas dos dous tipos de probas realizadas: Proba tipo test (75%) e resolución de problemas e/ou exercicios (25%) acadadas en 1ª oportunidade. Poderase subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (75%) e resolución de problemas e/ou exercicios (25%).

- Opción B (Avaliación global): Os alumnos que se acolleran ao sistema de avaliación global terán dereito a un exame final que abarcará unha proba tipo test (75%), e unha proba de resolución de problemas e/ou exercicios (25%).

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente con un
exame final (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado
do mesmo modo que o resto dos alumnos.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as seguintes:

Fin de Carreira: 21/09/2023, 16 h

Ordinaria: 10/11/2023, 16 h

Extraordinaria (xullo): 05/07/2024, 16 h

En
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

É
necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000