Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Informática: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
Resultados de aprendizaxe avaliados: R1, R2, R3, R4.
70 B1
C25
D1
D4
D5
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
Resultados de aprendizaxe avaliados: R2, R3, R4, R5.
30 B4
B6
C25
D1
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

Lémbrase a todo o alumnado a
prohibición do uso de dispositivos móbiles en
exercicios, prácticas e probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto
do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado
universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o
la cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de
evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de
la universidad".

ALUMNADO ASISTENTE

Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das
partes que interveñen na avaliación. En caso de que a cualificación resultante sexa igual ou superior a 5,
pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4.

Esta avaliación aplicarase ao alumnado que realice algunha entrega regular de
problemas ou exercicios, ou se presente a algunha proba dalgún bloque de temas. Se un/ha estudante abandona a
avaliación continua tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e
non poderá optar na mesma pola modalidade de non asistente.

ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado será avaliado con dúas probas presenciais que se realizarán na data oficial fixada polo Centro, correspondentes aos contidos teóricos e prácticas da materia; para superar a
materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en cada proba. En caso de que a cualificación resultante sexa igual ou superior a 5,
pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4.

ALUMNADO CON RESPONSABILIDADES LABORAIS
O alumnado que teña responsabilidades laborais, documentalmente xustificadas, poderá optar por calquera das dúas
modalidades de avaliación anteriores.

CONVOCATORIA DE XULLO (2a EDICIÓN)
O alumnado será avaliado con dúas probas presenciais que se realizarán na data oficial fixada
polo Centro, correspondentes aos contidos teóricos e prácticas da
materia; para superar a
materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en cada proba. En caso de que a cualificación resultante sexa igual ou superior a 5,
pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
O alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser evaluado do mesmo xeito que o resto de estudantes.

DATAS DE AVALIACIÓN
1a Edición: 31/05/2017 ás 16:00 horas
2a Edición: 13/07/2017 ás 10:00 horas
Fin de Carreira: 04/10/2016 ás 16:00 horas

Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Facultade. En caso de erro
ao transcribilas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no calendario de exames da Facultade de Ciencias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000