Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Informática: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
Resultados de aprendizaxe avaliados: R1, R2, R3, R4.
70 B1
D1
D4
D5
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.

Resultados de aprendizaxe avaliados: R2, R3, R4, R5.
30 B4
B6
D1
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASISTENTE
Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das
partes que interveñen na avaliación. Esta avaliación aplicarase ao alumnado que realice algunha entrega regular de
problemas ou exercicios, ou se presente a algunha proba práctica dalgún bloque de temas. Se un/ha estudante abandona a
avaliación continua tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e
non poderá optar na mesma pola modalidade de non asistente.

ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado será avaliado con dúas probas presenciais que se realizarán na data oficial fixada polo Centro, correspondentes aos contidos teóricos e prácticas da materia; para superar a
materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

ALUMNADO CON RESPONSABILIDADES LABORAIS
O alumnado que teña responsabilidades laborais, documentalmente xustificadas, poderá optar por calquera das dúas
modalidades de avaliación anteriores.

CONVOCATORIA DE XULLO (2a EDICIÓN)
O alumnado será avaliado con dúas probas presenciais que se realizarán na data oficial fixada
polo Centro, correspondentes aos contidos teóricos e prácticas da
materia; para superar a
materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuacioón igual ou superior a 5 sobre 10.

DATAS DE AVALIACIÓN
1a Edición: 31/05/2016 ás 16:00 horas
2a Edición: 13/07/2016 ás 16:00 horas
Fin de Carreira: 01/10/2015 ás 16:00 horas

Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Facultade. En caso de erro
ao transcribirlas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no calendario de exames da Facultade de Ciencias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000