Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Xestión da calidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos da materia que permitan que o alumno coñeza a importancia dos sistemas de xestión dentro do proceso produtivo de calquera organización. Exporanse os coñecementos necesarios para comprender en que consiste a planificación, implementación e seguimento dos sistemas de xestión da calidade. As clases impartiranse con axuda de material audiovisual dispoñible.
Facilitarase, previamente, ao estudante todo o material utilizado nestas sesións mediante a plataforma FaitTic.
Seminarios Realizaranse actividades relacionadas cos contidos expostos nas clases maxistrais que permitan profundar nos coñecementos adquiridos.
A resolución das cuestións e/ou casos propostos nos seminarios deberán entregarse ao profesor no prazo previamente establecido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000