Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Análise e control de calidade en enoloxía
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Coñecer e comprender a química e bioquímica dos alimentos e a relacionada cos seus procesos tecnolóxicos
A2 Coñecer os fundamentos físicos, químicos e biolóxicos relacionados cos alimentos e os seus procesos tecnolóxicos
A3 Coñecer os fundamentos básicos de matemáticas e estatística que permitan adquirir os coñecementos específicos relacionados coa ciencia dos alimentos e os procesos tecnolóxicos asociados á súa produción, transformación e conservación
A4 Coñecer e comprender as propiedades físicas e químicas dos alimentos, así como os procesos de análise asociados ao establecemento das mesmas
A5 Coñecer e comprender as operacións básicas na industria alimentaria
A6 Coñecer e comprender os procesos industriais relacionados co procesamento e modificación de alimentos
A8 Coñecer e comprender os sistemas de calidade alimentaria, así como todos os aspectos referentes á normalización e lexislación alimentaria
A11 Coñecer e comprender os aspectos culturais relacionados co procesamento e consumo de alimentos
A12 Capacidade para fabricar e conservar alimentos
A13 Capacidade para analizar alimentos
A14 Capacidade para controlar e optimizar os procesos e os produtos
A15 Capacidade para desenvolver novos procesos e produtos
A17 Capacidade para analizar e avaliar os Riscos Alimentarios
A19 Capacidade para avaliar, controlar e xerir a calidade alimentaria
A20 Capacidade para implementar sistemas de calidade
A23 Capacidade para asesorar legal, cientifica e tecnicamente á industria alimentaria e aos consumidores
B1 Capacidade de organización e planificación
B2 Capacidade de análise e síntese
B3 Capacidade de comunicación oral e escrita tanto na lingua vernácula como en linguas estranxeiras
B4 Coñecementos básicos de informática
B5 Capacidade de xestión da información
B6 Adquirir capacidade de resolución de problemas
B7 Adquirir capacidade na toma de decisións
B8 Capacidades de traballo en equipo, con carácter multidisciplinar e en contextos tanto nacionais como internacionais
B10 Recoñecer a diversidade e a multiculturalidade
B11 Habilidades de razoamento crítico
B12 Desenvolver un compromiso ético
B13 Aprendizaxe autónoma
B14 Adaptación a novas situacións
B15 Creatividade
B19 Sensibilidade en temas ambientais
B20 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000