Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía enolóxicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Ciencia e tecnoloxía enolóxicas Código O01G040V01802
Titulacion
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría química
Coordinador/a
Centeno Domínguez, Juan Antonio
Correo-e jcenteno@uvigo.es
Profesorado
Centeno Domínguez, Juan Antonio
Web
Descrición xeral A aprendizaxe da materia “Ciencia e Tecnoloxía Enolóxicas” aportará habilidades específicas ao alumno para: Coñecer os compoñentes do acio de uva, o seu interese tecnolóxico e a súa evolución ao longo da maduración; Describir as características, as propiedades e/ou as actividades dos microorganismos e das encimas implicadas no proceso de vinificación; Fabricar e conservar viño; Controlar e optimizar as vinificacións; Coñecer o equipamento empregado na adega; e Analizar e avaliar os posibles riscos (fundamentalmente químicos), e xestionar a seguridade na industria enolóxica. A materia, de carácter optativo, relaciónase de forma horizontal con outras catro materias obrigatorias que se imparten no primeiro cuadrimestre do cuarto curso da titulación, todas elas denominadas co título “Ciencia e Tecnoloxía...” (do Leite, da Carne, dos Produtos Pesqueiros e dos Produtos Vexetais).

O plan de estudos da titulación prevé a posibilidade de que o título de Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos conteña unha mención de “Industrias Vitivinícolas”, para o cal o alumno deberá ter cursado a materia “Ciencia e Tecnoloxía Enolóxicas” xunto con outras tres (Viticultura, Avaliación Sensorial dos Alimentos, e Análise e Control de Calidade en Enoloxía) relacionadas transversalmente coa mesma, ademáis de ter realizado o Practicum nunha adega ou laboratorio dedicado ao control de calidade enolóxico, e o Proxecto de Fin de Grao nun material relacionado coa Viticultura e/ou a Enoloxía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000