Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía do leite
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Os coñecementos adquiridos a través desta metodoloxía docente serán avaliados nunha proba de resposta curta (exame final)

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2,RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8, RA9, RA10,R11
40 C1
C2
C4
C5
C6
C7
C14
C17
C18
Prácticas de laboratorio Os coñecementos adquiridos a través desta metodoloxía docente serán avaliados nunha proba de resposta curta (exame final)

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA7, RA8, RA9, RA10, R11
10 C12
C13
C14
C17
Seminarios Os coñecementos adquiridos a través desta metodoloxía docente serán avaliados nunha proba de resposta curta (exame final)

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2,RA3, RA4, RA5, RA6, R11
10 C4
C5
C6
C7
C17
C18
Traballos tutelados Avaliarase a elaboración e presentación do traballo tutelado (en grupo)

Resultados de aprendizaxe avaliados: R12, RA13, RA14
20 B1
B13
B14
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución de exercicios propostos a través da plataforma de teledocencia

Resultados de aprendizaxe avaliados: R12, RA13
20 B6
B13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos alumnos con responsabilidades laborais (ou de índole equiparable) que non poidan asistir de xeito regular ás clases e que xustifiquen debidamente a súa inasistencia constará dunha proba de resposta curta (exame final),
que representará un 60% da nota final, e da presentación dun traballo tutelado
que suporá o 40% restante. Para tódolos casos, considerarase o exame final superado (para poder sumar co resto das puntuacións) sempre que se obteña unha cualificación mínima de 4 sobre 10.

Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que suporá o 100% da nota). No caso de non asistir a dito exame, ou de non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.

Datas de exames: fin de carreira, 29/09/2016 ás 16:00 h; primeira edición, 19/01/2017 ás 16:00 h; segunda edición, 13/07/2017 ás 10:00 h. No caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e no enderezo "web" do Centro.

Sistema de cualificacións: expresarase mediante cualificación final
numérica de 0 a
10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro;
B.O.E. do 18 de setembro).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000