Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía do leite
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Coñecer e comprender a química e bioquímica dos alimentos e a relacionada cos seus procesos tecnolóxicos
A2 Coñecer os fundamentos físicos, químicos e biolóxicos relacionados cos alimentos e os seus procesos tecnolóxicos
A4 Coñecer e comprender as propiedades físicas e químicas dos alimentos, así como os procesos de análise asociados ao establecemento das mesmas
A5 Coñecer e comprender as operacións básicas na industria alimentaria
A6 Coñecer e comprender os procesos industriais relacionados co procesamento e modificación de alimentos
A7 Coñecer e comprender os conceptos relacionados coa hixiene durante o proceso de produción, transformación, conservación, distribución de alimentos; isto é, posuír os coñecementos necesarios de microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía alimentaria; así como o referente á hixiene do persoal, produtos e procesos
A12 Capacidade para fabricar e conservar alimentos
A13 Capacidade para analizar alimentos
A14 Capacidade para controlar e optimizar os procesos e os produtos
A17 Capacidade para analizar e avaliar os Riscos Alimentarios
A18 Capacidade para xerir a seguridade alimentaria
B2 Capacidade de análise e síntese
B6 Adquirir capacidade de resolución de problemas
B13 Aprendizaxe autónoma
B14 Adaptación a novas situacións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000