Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía do leite
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Ciencia e tecnoloxía do leite Código O01G040V01704
Titulacion
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría química
Coordinador/a
Centeno Domínguez, Juan Antonio
Correo-e jcenteno@uvigo.es
Profesorado
Centeno Domínguez, Juan Antonio
Web
Descrición xeral A asignatura “Ciencia e Tecnoloxía do Leite” pretende aportar habilidades específicas ao alumno para: Coñecer a composición e as propiedades físico-químicas máis importantes do leite desde o punto de vista tecnolóxico; Expoñer os factores que poden incidir na calidade do leite como materia prima para as industrias lácteas; Describir os fundamentos e as peculiaridades dos procesos de conservación e diversificación do leite; Coñecer o equipamento empregado na industria láctea para a transformación do leite e a produción de diferentes derivados lácteos; e Analizar e avaliar os riscos, e xestionar a seguridade na industria láctea. A materia, de carácter obrigatorio, relaciónase de forma horizontal con outras catro asignaturas que se imparten no cuarto curso da titulación, todas elas nomeadas mediante o encabezado “Ciencia e Tecnoloxía...” (da Carne, de Produtos Pesqueiros, de Produtos Vexetais e Enolóxicas).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000