Seminarios |
Os seminarios terán unha tripla finalidade:
(a) resolución de casos prácticos relacionados cos distintos temas da materia que permitirán profundar e aplicar os contidos expostos nas sesións maxistrais así como fomentar o debate no aula.
(b) corrección e interpretación dos problemas e exercicios realizados polo alumno de forma autónoma.
(c) resolución de posibles dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
|
Traballos tutelados |
Elaboración en grupo (de tres persoas) dun traballo guiado e tutelado mediante tutorías por parte do profesorado. A realizaciión deste traballo, relacionado con aspectos da industria alimentaria, leva a procura de información que deberá ser analizada e xestionada correctamente para finalmente presentala de forma oral ao resto de compañeiros.
|