Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Políticas alimentarias
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Coñecer e comprender a química e bioquímica dos alimentos e a relacionada cos seus procesos tecnolóxicos
A5 Coñecer e comprender as operacións básicas na industria alimentaria
A7 Coñecer e comprender os conceptos relacionados coa hixiene durante o proceso de produción, transformación, conservación, distribución de alimentos; isto é, posuír os coñecementos necesarios de microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía alimentaria; así como o referente á hixiene do persoal, produtos e procesos
A8 Coñecer e comprender os sistemas de calidade alimentaria, así como todos os aspectos referentes á normalización e lexislación alimentaria
A12 Capacidade para fabricar e conservar alimentos
A14 Capacidade para controlar e optimizar os procesos e os produtos
A15 Capacidade para desenvolver novos procesos e produtos
A17 Capacidade para analizar e avaliar os Riscos Alimentarios
A18 Capacidade para xerir a seguridade alimentaria
A19 Capacidade para avaliar, controlar e xerir a calidade alimentaria
A20 Capacidade para implementar sistemas de calidade
A21 Capacidade para asesorar en procesos de comercialización e distribución de produtos
A22 Capacidade para realizar educación alimentaria
A23 Capacidade para asesorar legal, cientifica e tecnicamente á industria alimentaria e aos consumidores
B1 Capacidade de organización e planificación
B2 Capacidade de análise e síntese
B3 Capacidade de comunicación oral e escrita tanto na lingua vernácula como en linguas estranxeiras
B4 Coñecementos básicos de informática
B5 Capacidade de xestión da información
B6 Adquirir capacidade de resolución de problemas
B7 Adquirir capacidade na toma de decisións
B8 Capacidades de traballo en equipo, con carácter multidisciplinar e en contextos tanto nacionais como internacionais
B9 Habilidades nas relacións interpersoais
B11 Habilidades de razoamento crítico
B12 Desenvolver un compromiso ético
B13 Aprendizaxe autónoma
B14 Adaptación a novas situacións
B20 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000