Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Operacións básicas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos deberán de resolver ó longo do curso e en grupo 8 problemas (4 en clase e 4 fóra de clase) e entregar a resposta ó profesor.
Resultados de aprendizaxe e competencias: O mesmo que en apartados anteriores similares


10 B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B11
B12
B13
B19
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
C16
C24
Prácticas de laboratorio A asistencia a prácticas é obligatoria. Ao acabar, o grupo deberá entregar unha memoria das mesmas.
Resultados de aprendizaxe:
- coñecer "in situ" algunhas das operacións básicas
- simular operacións
- aprender a traballar no laboratorio
- coñecer procesos de fabricación
- aplicar coñecementos ó aproveitamento de subprodutos

10 B1
B2
B4
B5
B6
B7
B11
B12
B13
B15
B19
B20
C1
C5
C6
C12
C14
C15
C16
C24
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame con problemas relacionados co estudado nas clases teóricas e nos seminarios.
Resultados de aprendizaxe e competenciass: o mesmo que en apartados anteriores similares
50 B1
B2
B6
B7
B11
B12
B13
B19
C1
C5
C6
C12
C14
C15
C16
C24
Probas de resposta curta Exame con preguntas curtas ou de tipo test.
Resultados de aprendizaxe:
- Coñecer as operacións básicas
- Comparar entre técnicas
- Coñecer os fundamentos
- Simular operacións (mediante razoamento teórico).
30 B1
B5
B11
B13
B15
B19
C1
C2
C5
C6
C12
C14
C15
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, débense cumprir as seguintes condicións:

- obter polo menos un 4 (sobre un máximo de 10) en cada parte do exame (probas de resposta curta e problemas) e obter un mínimo de 5 tras contabilizar as outras partes avaliadas (entregas, prácticas, etc.). Aqueles alumnos que non teñan a nota mínima de 4 nalgún dos exames terán, en actas, a seguinte calificación: a) a resultante de aplicar o método de avaliación descrito na guía, se ésta é inferior a 5 e, b) 4.9 (suspenso) se o resultado fose superior a 5.

- Realizar as prácticas de laboratorio e entregar a memoria

- Realizar polo menos un 75% das entregas (contabilizando os problemas realizados en clase e fóra de clase, é dicir, 6 entregas).

Durante o curso farase un exame parcial (non oficial). Considérase superado o parcial cando se obteñan polo menos 5 puntos en cada parte (teoría e problemas). Aqueles alumnos que superen o parcial, somentes terán que examinarse da parte restante nas dúas edicións de exame oficial (maio e xullo) do ano académico en curso.

Para as seguintes convocatorias (anos académicos sucesivos), o exame será de toda a materia e no cálculo da nota final terase en conta o valor das entregas e das prácticas de anos anteriores. 

Convocatoria fin de carrera. O alumno que opte por examinarse en fin de carrera será avaliado únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). No caso de no asistir ó devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mismo modo có resto de alumnos.”

Os alumnos que opten pola modalidade non presencial  deberán de comunicalo ao comezo do curso, xustificando adecuadamente o porqué da elección. Somentes unha situación persoal ou familiar xustificada ou a simultaneidade de traballo serán tidos en conta. Nestes casos, serán avaliados mediante a realización dun exame con tres partes (teoría, 30%; problemas, 60; e prácticas de laboratorio, 10%). Aqueles alumnos que non poidan acudir ós seminarios por coincidirlles con outras clases, non terán que entregar os problemas feitos na clase, téndose en conta a nota dos anos anteriores neste apartado.

Os exames oficiáis (segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade) serán:

Convocatoria Fin de Carreira: 6 de outubro de 2016 ás 16:00h

1ª Edición: 29 de maio de 2017 ás 16:00h

2ª Edición: 12 de xullo de 2017 ás 16:00h

En caso de erro nas datas dos exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

 A data do exame parcial (non oficial) será elexida polos alumnos en votación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000