Para superar a materia, débense cumprir as seguintes condicións: - obter polo menos un 4 (sobre un máximo de 10) nos dous exames (Proba de resposta curta ou test e exame de problemas) e obter un mínimo de 5 tras contabilizar as outras partes avaliadas. Aqueles alumnos que non teñan a nota mínima de 4 nalgún dos exames terán, en actas, a seguinte calificación: a) a resultante de aplicar o método de avaliación descrito na guía, se ésta é inferior a 5 e, b) 4.9 (suspenso) se o resultado fose superior a 5. - Realizar as prácticas de laboratorio e entregar a memoria - Realizar o traballo tutelado e a súa exposición en clase - Realizar polo menos 10 entregas (contabilizando os problemas realizados en clase e fóra de clase) Durante o curso farase un parcial (exame non oficial). Considérase superado o parcial cando se obteñan polo menos 5 puntos en cada parte (teoría e problemas). Aqueles alumnos que superen o parcial, somentes terán que examinarse da parte restanta nas dúas edicións de exame oficial (maio e xullo) do ano académico en curso. Para as seguintes convocatorias (fin de carreira e anos académicos sucesivos), o exame será de toda a materia. Os alumnos que opten pola modalidade non presencial deberán de comunicalo ao comezo do curso e serán avaliados mediante a realización dun exame con tres partes (teoría, problemas e prácticas de laboratorio). Este sistema será aplicado tamén ós alumnos con responsabilidades laborales (ou de índole simliar) e que non vaian a asistir a clases. Os exames oficiáis realizaránse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Para o curso académico 2014-15 as datas son: - Convocatoria Fin de Carreira: 25 de setembro ás 16:00h - Convocatoria ordinaria 1ª edición: 25 de maio ás 10:00h - Convocatoria ordinaria 2ª edición: 8 de xullo ás 10:00h A data do exame parcial (non oficial) será elexida polos alumnos en votación. |