Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Hixiene alimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Cada asistencia a unha sesión maxistral superior ó 80% do total recibe unha bonificación de 0,01 puntos. 1
Seminarios
Avalíase a presentación e defensa do traballo monográfico presentado polos estudiantes (máximo 1,5 puntos), así como a participación pertinente nos debates que se susciten. Cada asistencia a unha sesión de seminario superior ó 80% do total recibe unha bonificación de 0,01 puntos. Tanto esta bonificación como a obtida polas participacións súmase á puntuación do traballo monográfico.
20
Prácticas de laboratorio Avalíanse mediante o seguimento continuo e personalizado das actividades que os estudiantes levan a cabo no laboratorio. É necesario superar as prácticas para que se teñan en conta o resto das actividades. 20
Prácticas autónomas a través de TIC
Cada envio dunha noticia comentada ou dun video comentado bonificase con 0,25 puntos (ata un máximo de 6 noticias ou videos).
Cada comentario pertinente enviado ós foros bonifícase con 0,1 puntos (ata un máximo de 10 participacións).
A realización dos cuestionarios depositados na plataforma TEMA bonifícase con 0,5 puntos
15
Outros Cada asistencia e entrega dun resumen do tema tratado en conferencias, debates, etc. bonifícase con 0,25 puntos, ata un máximo de 4 actividades.
De non existir outras actividades propostas pola profesora, a porcentaxe deste apartado será sumada á de Prácticas autónomas a través das TIC.
Os estudiantes poden propoñer actividades xa levadas a cabo por eles, que lle poden ser valoradas a cada estudiante en particular.
5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Mediante un exame de preguntas cortas e longas avalíanse as competencias relacionadas cos contidos das sesións maxistrais e seminarios. É necesario obter unha calificación mínima de 3 (sobre 10) no exame para que se teñan en conta as demais actividades realizadas.
O exame consta de dez preguntas cortas, que se puntuan sobre 1 e dúas longas, que se puntuan sobre 10. A nota do exame resulta de facer a media entre a suma das preguntas cortas e a media obtida nas preguntas longas.
As datas a aprobadas pola Facultade para os exames son as seguintes:
Fin de carreira: 24 de setembro de 2014 ás 10:00
1ª edición: 16 de marzo de 2015 ás 10:00
2ª edición: 14 de xullo de 2015 ás 10:00
39
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudiantes que non participen na maioría das actividades propostas
deberán superar un exame final de preguntas cortas e longas, necesitando
obter unha calificación mínima de 5 (sobre 10) para aprobar a materia.

Os/as estudiantes que xustifiquen documentalmente estar traballando terán
opción de participar en todas as actividades propostas na plataforma TEMA, así
como na elaboración do traballo monográfico. No caso de que non poidan asistir a
ningunha sesión de prácticas de laboratorio, propoñeránselles actividades
alternativas. En calquera caso poden renunciar á evaluación continua e
facer un único exame final.

Si un/ha alumno/a non supera a asignatura na sua primeira matrícula, no
seguinte curso académico será considerado como alumno/a novo, excepto na
obrigatoriedade de asistencia ás prácticas de laboratorio.

As datas a aprobadas pola Facultade para os exames son as seguintes:

Fin de carreira: 24 de setembro de 2014 ás 10:00

1ª edición: 16 de marzo de 2015 ás 10:00

2ª edición: 14 de xullo de 2015 ás 10:00

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000