Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ampliación de bromatoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio A atención personalizada completarase na realización das prácticas de laboratorio mediante as tutorías. Nestas tutorías o profersorado comentará co alumno as dúbidas que puidesen xurdir nas sesións de prácticas.
Seminarios A avaliación contínua permite seguir en todo momento o progreso do alumno de forma individualizada, adaptando as actividades do curso para complementar e apoiar os coñecementos vistos nas clases maxistrais. Desta maneira poderanse reforzar os puntos débiles da aprendizaxe a medida que avanza o curso. A atención personalizada completarase mediante as tutorías. Nestas tutorías o profesor comentará co alumno as dúbidas que puidesen xurdir na resolución de boletíns/cuestionario.
Traballos tutelados A atención personalizada completarase mediante as tutorías nas que o profesor comentará co alumno as dúbidas que puidesen xurdir durante a elaboración do traballo tutelado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000