Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Informática: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos farán entregas regulares de pequenos exercicios ou problemas plantexados. Avaliación de todas as competencias da materia. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Cada bloque de temas terá unha proba de mínimos individual, coa que se pretende comprobar se o alumno alcanzou os obxectivos do dito bloque. Avaliación de todas as competencias da materia, excepto B8. 70
Outras Actitude e participación. Avaliación das competencias: B8, B11, B13, B15 e B18. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. Esta avaliación aplicarase ao alumnado que realice algunha entrega regular de problemas ou exercicios, ou se presente a algunha proba práctica dalgún bloque de temas. Se un/ha estudante abandona a avaliación continua tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e non poderá optar na mesma pola modalidade de non asistente.

ALUMNADO NON ASISTENTE

O alumnado será avaliado cun único exame presencial que se realizará na data oficial fixada polo Centro; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

ALUMNADO CON RESPONSABILIDADES LABORAIS

O alumnado que teña responsabilidades laborais, documentalmente xustificadas, poderá optar por calquera das dúas modalidades de avaliación anteriores.

CONVOCATORIA DE XULLO (2ª EDICIÓN)

O alumnado será avaliado cun único exame presencial que se realizará na data oficial fixada polo Centro; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

DATAS DE AVALIACIÓN

1ª Edición: 20/3/2015 as 10:00 horas

2ª Edición: 9/7/2105 as 10:00 horas 

Fin de Carreira: 25/9/2014 as 16:00 horas

Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Facultade. En caso de erro ao transcribirlas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no calendario de exames da Facultade de Ciencias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000