O obxectivo da materia é dotar ao estudante de coñecementos, competencias e habilidades que lle permitan entender as bases da experimentación pre-clínica en modelo animal.
Ao terminar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
- Identificar, clasificar e diferenciar os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica con animais para fins científicos.
- Aplicar os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica con animais no ámbito da biofabricación.