Descrición xeral |
A realización do período de prácticas en empresas ten un dobre obxectivo: por unha banda, tenta ser a ponte entre a experiencia vital dun estudante e a do desempeño dun posto de traballo nunha empresa; por outra banda, serve de campo de experiencia para a aplicación dos coñecementos adquiridos e para observar na realidade como se desenvolve a aplicación dos devanditos coñecementos por profesionais de moita maior experiencia. |