A materia céntrase en que o estudante traballe sobre a creación dunha empresa desde as primeiras etapas de concepción da proposta de valor, pasando pola súa constitución legal hasta chegar á redacción dun plan de empresa completo. Para iso utilízase a estrutura de startup baseado no modelo Canvas e a participación dos estudantes nun xogo de empresas onde interactuarán de forma intensiva nunha simulación da actividade diaria dunha empresa tendo que tomar decisións en tempo real. Nesta materia preténdese que o estudante utilice os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo dos estudos de grao.