Resolución de problemas |
Seguimento do traballo individual e de grupo realizado polos estudantes. Avaliación dos casos individuais e de grupo presentados.
Exame parcial da materia |
40 |
|
B3 B5 B6 B9
|
C12 C13 C16
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.
Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas sexan xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (40% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do curso académico.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será "cega".
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso académico.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |