Debate |
Avaliarase a calidade da presentación cantidade e calidade dos argumentos, fontes, apoio audiovisual así como a xestión do debate na aula (resposta a preguntas dos compañeiros e profesor..). |
25 |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14
|
C5 C8 C13 C15 C16
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
Lección maxistral |
Avaliarase mediante un exame final que recollerá os temas expostos en clase e que terá unha parte teórica e parte práctica, na que se incluirán casos, temas tratados nas exposicións e lecturas obrigatorias. |
50 |
|
B1 B2 B5 B7 B10 B12 B14
|
C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12
|
D1 D3
|
Ningún traballo nin presentación será cualificado si contén algún parágrafo ou frase con plaxio ou bibliografía indebidamente presentada.
O exame final de curso (50%) poderá facer media co resto de cualificacións e avaliacións obtidas, sempre que nesta proba obtéñase 3,5 puntos ou máis, sobre un total de 10.
Non se aceptarán traballos, ou presentacións, fóra de prazo.
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.
Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas sexan xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (50% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2022/2023.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será "cega".
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022/2023.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |