Estudo de casos |
RESPOSTAS E PARTICIPACIÓN EN CLASE |
10 |
|
B1 B3 B5 B9 B10
|
C8 C16
|
D1
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Ao final do semestre haberá un exame final cunha parte teórica e unha práctica. A parte teórica, será o 50%, e consistirá en 4 pregunta que valerán 1 punto cada unha das 3 primeiras e 2 puntos ultímaa. A parte practica, será o 50%, consistirá en plasmar e resolver, a partir dun texto, un problema práctico. |
60 |
|
B1 B5 B10 B13
|
C4 C8
|
D1
|
O exame final de curso (60%) só fará media co resto de cualificacións e avaliacións obtidas sempre que nesta proba obtéñase máis de 3,5 puntos, sobre un total de 10. Doutro xeito, poríase a nota obtida nese exame como notal final.
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria. Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas sexan xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (40% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico 2022/2023.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só se terá en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será "cega".
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022/2023.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |