Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Os estudantes, mediante o traballo en grupo, elaboran un documento sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade de equipo que esixe ao mesmo tempo traballo autónomo do estudante que inclúe o conocimento e a posta en práctica dos fundamentos teóricos que soportan a materia, a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, análise, síntese e redacción, e proposta dun plan de acción específico resposta ao problema exposto. |
Estudo de casos |
Actividade na que o profesor entrega aos estudantes para a súa análise individual e posterior discusión na aula casos representativos de situacións e/ou problemas empresariais. O estudante deberá analizar a información, identificar o problema, propor solución e argumentar esta, por escrito e a través da exposición ante un grupo de estudantes e/ou o conxunto da clase das principais conclusións alcanzadas na reflexión. |