O primeiro día de clase os docentes expoñerán a planificación da materia e os horarios de titoría, e informarán sobre as opcións de avaliación (AC/AG) para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades. Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. O 20% das faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente). AVALIACIÓN CONTINUA (AC): Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 para que poida computar a AC no exame, e de 4/10, nas restantes metodoloxías que computan para AC, de non alcanzarse esta nota ou perder a AC por faltas de asistencia, a cualificación obteríase por AG. Avaliación global (AG): Cando este sistema foi seleccionado ou se perde o dereito a avaliación continua, é preciso superar un examen con preguntas de desenvolvemento que inclúe os contidos impartidos polo profesor, mais os casos e problemas que se fixeron en clase. Datas de exames de 1.ª e 2.ª oportunidade, publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23. 2.ª OPORTUNIDADE O non superar a materia en calquera das dúas modalidades (AC/AG) en 1.ª oportunidade, implica que na 2.ª oportunidade optarase por avaliación global (100% CUALIFICACIÓN) . MATRÍCULA DE HONRA Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. Compromiso ético: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc), considerarase que non reúne os requisitos necesarios àra superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da Uvigo.no permitirase a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
|