O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.
Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e a opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.
Avaliación Continua (AC):
O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).
A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: Obradoiros (30%) e Parcial I (35 %) en horario de docencia na data establecida (difundirase con antelación a través de Moovi) e Parcial II (35%) na data establecida para a proba final polo centro e publicada na web).
En ambos os casos son probas de preguntas curtas e tipo test con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.
O estudiantado que siga avaliación continua, verase liberado dos contidos xa valorados no primeiro parcial, tendo en conta; que se deberá obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10, en cada proba (inclusive o exame). En caso de non alcanzarse dita cualificación, nas probas previas ao exame, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación final para aprobar a materia.
Aqueles estudantes que non poidan seguir a AC e/ou renuncien a esta, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da cualificación da materia.
Avaliación global (AG):
Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia
O exame será tipo test con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 do total de respostas correctas.
Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.
2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global.
MATRÍCULA DE HONRA
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica calificación entre varios estudiantes, utilizarase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.
Compromiso ético:
Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
A participación activa en clase durante as sesións maxistrais e a participación nos talleres, utilizaranse como factores moderadores na cualificación final.