Código |
Descrición |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría. |
B4 |
Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural. |
B6 |
Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles. |
B7 |
Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional. |
B9 |
Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas. |
B11 |
Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde. |
B12 |
Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación. |
B13 |
Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar axeitadamente os recursos dispoñibles. |
B15 |
Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais. |
B16 |
Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria. |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
C4 |
Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo. |
C8 |
Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde. |
C11 |
Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento. |
C12 |
Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses. |
C17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
C18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
C29 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
C31 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
C33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
C49 |
Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. |
C50 |
Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores. |
D3 |
Capacidade de xestión da información. |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisións. |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe. |
D6 |
Habilidades nas relacións interpersoais. |
D7 |
Razoamento crítico. |
D8 |
Aprendizaxe autónoma. |
D11 |
Sensibilidade cara a temas ambientais. |