Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
15 A3
A4
A5
D1
D2
D3
D7
D8
Estudo de casos O estudante desenvolve exercicios ou casos clínicos na aula baixa as directrices do profesor e en relación con materia estudada previamente. Estará vinculado con actividades autónomas do estudante de forma individual ou en grupo e, con posterior resolución dos mesmos 30 A4
A5
B2
B4
B5
B7
B9
B10
C34
C35
C36
C37
C38
C39
Seminario Valorase a participación do alumno en clase, así como a resolución/execución dos traballos realizados durante o mesmo. 15 A3
A4
A5
B7
B8
D1
D2
D3
D4
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. A ter en conta que se establece criterio de puntos negativos naqueles casos nos que existan preguntas mal contestadas. 40 A3
A4
D1
D2
D3
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a guía da materia, os horarios de titoría, os tipos de avaliación (CONTINUA E GLOBAL) para que o alumnado esté informado e poida optar a avaliación continua ou global segundo as súas necesidades. A súa elección será comunicada ao centro segundo a metodoloxía establecida para iso que será publicada na web da escola.

AVALIACIÓN CONTINUA (AC):

O 20% das faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC. Serán faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, ingreso hospitalario e enfermidade/baixa médica (achegando xustificantepertinente).

A cualificaciónda AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: traballo tutelado (15%), estudo de casos (30%), seminario (15%) e o exame de preguntas obxectivas (40%).

O exame consta de preguntas tipo test con 4 opcións de resposta única, cada
erro resta 0.25 das correctas. Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en
cada metodoloxía para computar a avaliación continua, excepto no exame que será
dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a AC.

Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a AC, serán cualificados mediante avaliación global.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG): 

Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia. Exame tipo test de 80 preguntas, con 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

2ª OPORTUNIDADE: 

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades (AC/ AG) en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, optarase por avaliación global.


MATRÍCULA DE HONRA: 

Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. 

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

Exame global (40% EC e 100% EG. 80 preguntas)

40 preguntas pediatría (20 preguntas Carla Cid, 20 preguntas Irene Garay )

20 preguntas materno (Cid González, Carla)

20 preguntas materno (Garay Martínez, Irene)

Exame primeira oportunidade: 13/01/2025 ás 16:00h

Exame segunda oportunidade: 25/06/2025 ás 12:00h

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000