O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.
Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.
Avaliación Continua (AC):
O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).
A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: Obradoiros A (30%), Obradoiros B (30 %) e EXAME (40%). Este último constará de 40 preguntas tipo test (+ 2 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.
Deberase alcanzar unha nota mínima de 5 puntos, en cada unha das metodoloxías realizadas. En caso de non alcanzarse dita cualificación, perderase a AC e pasará a Avaliación global (AG).
Así mesmo, o estudantado que non poida seguir a AC e/ou renuncie a esta, será cualificado mediante avaliación global.
Avaliación global (AG):
Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia. Este incluirá preguntas tipo test e preguntas curtas (80 - 100 preguntas), con 4 opcións de resposta única. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.
2ª OPORTUNIDADE: O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global. (100% cualificación)
MATRÍCULA DE HONRA
Para asignar a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.
Compromiso ético: Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
|