AVALIACIÓN O primeiro día
de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de
titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para
que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades. Presuponse a avaliación
continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será
comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada
na web. Avaliación
Continua (AC): O 20% de ausencias inxustificadas implica a perda do dereito
á AC, considerando como ausencias xustificadas: realización de exames,
asistencia a órganos colexiados, ingreso hospitalario e baixas por enfermidade
ou médica (anexando os xustificantes pertinentes). A cualificación
AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: EXERCICIO
VOLUNTARIO EN CLASE GRUPAL SUPERVISADO (20%), ASISTENCIA A CLASE (10%), CLASES
PRÁCTICAS (10%) e EXAME (60%). Exame con
preguntas tipo test, pregunta curta e resolución de exercicios. Deberase
alcanzar unha puntuación mínima de 4/10 en cada metodoloxía para o cálculo da
avaliación continua, excepto no exame que será un 5/10. Se non se alcanzan
estas cualificacións, o estudante perderá a AC. Aqueles
estudantes que non continúen ou faltasen á CE, serán cualificados mediante
avaliación global. Avaliación
global (AG): Realizarase un exame global que suporá o 100% da nota da
materia. Exame con preguntas tipo test, pregunta curta e a resolución de
exercicios. Para aprobar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de
5/10. O exame
realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas
CLASES 21 e 23. 2ª
OPORTUNIDADE: Se non se aproba
a materia nunha das dúas modalidades (AC/AG) na 1ª oportunidade, suporá que na
2ª oportunidade optar a avaliación global. Compromiso
ético: Espérase que os
estudantes demostren un comportamento ético apropiado. Se se detectan condutas
pouco éticas (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados
etc.)/ etc.), considerarase que non cumpres os requisitos necesarios para
superar a materia. Nese caso, a nota final na primeira convocatoria quedará
suspendida (0,0), segundo a normativa vixente da UVigo. Non se permitirá o uso
de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. |