A Fisioloxía Humana é a disciplina científica que explica o funcionamento do corpo humano, o seu desenvolvemento e proceso evolutivo a partir da aplicación dos principios que propoñen outras ciencias (física, química, bioloxía). Esta materia describe e analiza as funcións orgánicas dos seres humanos, e as leis e principios que as rexen. Contempla as interaccións dunhas funcións con outras, e expón a súa integración global no conxunto do organismo completo
Permite coñecer as modificacións que se producen por adaptación a determinados factores externos e internos, e senta as bases dos procesos patolóxicos que conducen á aparición de enfermidades