Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado P1:
Enfermidades transmisibles; traballo grupal segundo asignación.
20 B5
B6
B16
C23
C25
D5
Seminario P2:
Medidas de precaución estándar e baseadas na transmisión.
Colocación e retirada de EPI (Equipo de protección individual).
Inclúe proba de avaliación individual.
20 B5
B6
C23
Instrucción programada P3:
Unha parte da materia é traballada polo estudiantado no traballo tutelado; tras a súa presentación, avaliación polos docentes difundiranse os contidos finais para cada tema. Realizarase exame tipo test, na data establecida e comunicada a través de Moovi.
20 B4
B5
B6
B16
C23
C24
C25
C26
D5
Exame de preguntas obxectivas P4:
Probas para avaliación das competencias adquiridas que poderán incluír preguntas pechadas, tipo test, verdadeiro/falso, emparellamento de elementos... e abertas de resposta curta.
40 B4
B6
C23
C24
C25
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.

Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. 

Avaliación Continua (AC):

 O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (anexando xustificante pertinente). 

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas establecidas: P1:Traballo tutelado (20%), P2: Seminario (20 %), P3: Instrucción programada (20%) e P4: exame de preguntas obxectivas (40 %). 

Os contidos avaliados en P1, P2 e P3, non son eliminatorios para P4, cuxa data oficial será a publicada na web (AULAS 21 e 23).

Este exame (P4) inclúe, 50 preguntas, combinadas entre tipo test (4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas) e algunha pregunta de resposta curta. 

Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía, para computar a avaliación continua, excepto no exame que será dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a EC. 

Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a EC, serán cualificados mediante avaliación global, que supoñerá o 100% da cualificación da materia.

Avaliación global:

Realizarase un exame global que supón o 80 % da cualificación da materia, dado que o seminario (20%) ten carácter obrigatorio.

O exame será de 80 preguntas, combinadas entre tipo test (4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas) e algunha pregunta de resposta curta, emparellamentos, verdadeiro/ falso...

Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.

O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 

2ª OPORTUNIDADE:

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global tendo en conta que o exame suporá o 100 % de cualificación da materia.

MATRÍCULA DE HONRA:

Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. 

Compromiso ético:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000