O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.
Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. Avaliación Continua (AC): O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (anexando xustificante pertinente). A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas establecidas: P1:Traballo tutelado (20%), P2: Seminario (20 %), P3: Instrucción programada (20%) e P4: exame de preguntas obxectivas (40 %). Os contidos avaliados en P1, P2 e P3, non son eliminatorios para P4, cuxa data oficial será a publicada na web (AULAS 21 e 23). Este exame (P4) inclúe, 50 preguntas, combinadas entre tipo test (4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas) e algunha pregunta de resposta curta. Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía, para computar a avaliación continua, excepto no exame que será dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a EC. Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a EC, serán cualificados mediante avaliación global, que supoñerá o 100% da cualificación da materia. Avaliación global: Realizarase un exame global que supón o 80 % da cualificación da materia, dado que o seminario (20%) ten carácter obrigatorio.
O exame será de 80 preguntas, combinadas entre tipo test (4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas) e algunha pregunta de resposta curta, emparellamentos, verdadeiro/ falso...
Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global tendo en conta que o exame suporá o 100 % de cualificación da materia. MATRÍCULA DE HONRA:
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. Compromiso ético: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |