O obxectivo desta materia é comprender os fundamentos metodolóxicos da investigación clínica e o razoamento epidemiolóxico para poder deseñar e realizar estudos específicos sobre problemas da práctica clínica e comunitaria.
Pretendese que o alumno coñeza os tipos de investigación clínica e as principais bases de datos de ciencias da saúde para poder realizar lectura crítica de artigos. O alumno deberá adquirir coñecementos dos diferentes deseños de estudos, das principais medidas epidemiolóxicas, os parámetros para determinar a su validez e os análises estatísticos mais pertinentes para cada deseño.
Intentarase capacitar ao alumno para formular xuízos críticos e para iniciarse na investigación en ciencias da saúde, familiarizándose cos aspectos científicos, metodolóxicos, éticos e lexislativos mais importantes. Fundamentar teoricamente a aplicación da metodoloxía científica na planificación e a interpretación da investigación. Identificar as necesidades de investigación no campo dos coidados de saúde considerando a súa relevancia e pertinencia. Realizar búsqueda de información, identificando a bibliografía máis relevante. Formular hipóteses de investigación dende o problema de investigación. Deseñar estratexias metodolóxicas para abordar unha investigación segundo o propósito de estudio. Demostrar coñecementos de bioestatística e capacidade para aplicalos no análise, interpretación e tratamento das alteracións de saúde e as súas causas. Basear as intervencións de enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.