Coa
finalidade de xustificar a asistencia nas unidades de
hospitalización, cada alumno/a deberá utilizar unha folla,
habilitada a tal fin, na que firmará a persoa (enfermeira) que o/a
acompañara na xornada.
De producirse unha ausencia, por un motivo xustificado, ás
prácticas de laboratorio e/ou aos obradoiros, a profesora porá a
disposición do alumnado implicado a posibilidade de recuperar a(s)
clase(s) perdida(s), sempre que sexa posible.
As
ausencias ás prácticas de hospitalización, poderán ser
recuperadas, ben en horario de tarde, en sábados o en días lectivos
posteriores á finalización do periodo de prácticas, dentro do
periodo lectivo, e nunca impricando doblaxe de turno (realizar
prácticas en horario de mañana e tarde nun mesmo día). Tanto a
ausencia (sempre que sexa posible), coma a recuperación deberán
notificarse sempre previamente por escrito mediante o correo
electrónico á profesora tutora e ao/á
supervisor/a da unidade na que se estea realizando as prácticas,
e tendo obtido o permiso da primeira para realizar
a recuperación.
Para poder superar a materia, é necesario ter acudido a un mínimo
do 85% da totalidade das horas programadas en todas as actividades.
As ausencias non recuperadas computaránse segundo o establecido na
normativa de prácticas clínicas.
Para poder superar as prácticas, é indispensable achegar a
folla de firmas, que é o documento que acredita a cumplimentación
das horas requeridas.
Na elaboración do portafolio/dossier,
perseguirase o plaxio e o uso non xustificado de programas de
intelixencia artificial. Tanto unha coma a outra circunstancia,
conlevarán unha reducción da nota final, ou a non superación da
asignatura, en función da gravidade de mesma..
Máis información acerca da asignatura (exames, contidos, avaliación...) na plataforma Moovi, dispoñible no seguinte enlace:
https://moovi.uvigo.gal/