Coa
finalidade de xustificar a asistencia nas unidades de
hospitalización, cada alumno/a deberá utilizar unha folla,
habilitada a tal fin, na que firmará a persoa (enfermeira) que o/a
acompañara na xornada. De producirse unha ausencia, por un motivo xustificado, ás prácticas
de laboratorio e/ou aos obradoiros, a profesora porá a disposición do
alumnado implicado a posibilidade de recuperar a(s) clase(s)
perdida(s), sempre que sexa posible.
As
ausencias ás prácticas de hospitalización, poderán ser
recuperadas, ben en horario de tarde, en sábados o en días lectivos
posteriores á finalización do periodo de prácticas, dentro do
periodo lectivo, e nunca impricando doblaxe de turno (realizar
prácticas en horario de mañana e tarde nun mesmo día). Tanto a
ausencia (sempre que sexa posible), coma a recuperación deberán notificarse sempre previamente por escrito mediante o correo electrónico á
profesora tutora e ao/á supervisor/a da unidade na
que se estea realizando as prácticas, e tendo obtido o permiso
da primeira para realizar a recuperación. Para poder superar a materia, é necesario ter acudido a un mínimo
do 85% da totalidade das horas programadas en todas as actividades.
As ausencias non recuperadas computaránse segundo o establecido na
normativa de prácticas clínicas. Para poder superar as prácticas, é indispensable achegar a
folla de firmas, que é o documento que acredita a cumplimentación
das horas requeridas. Na elaboración do portafolio/dossier,
perseguirase o plaxio e o uso non xustificado de programas de
intelixencia artificial. Tanto unha coma a outra circunstancia,
conlevarán unha reducción da nota final, ou a non superación da
asignatura, en función da gravidade de mesma. Máis información acerca da asignatura (exames, contidos, avaliación...) na plataforma Moovi, dispoñible no seguinte enlace: https://moovi.uvigo.gal/ |