O obxectivo desta materia é que o alumno adquira coñecementos xerais sobre o enfermar humano, antes da aprendizaxe pormenorizada das enfermidades que se adquirirá nas materias de Clínica.
Estudaranse as potenciais causas de enfermidade, os mecanismo polos que actúan de forma nociva (patogenia) e os trastornos que se producen na función dos órganos e sistemas (fisiopatología).
Tamén se introducirán os diferentes procedementos de enfermería e estudarase o soporte vital básico e avanzado.