O profesional de enfermaría deberá saber identificar, integrar, e relacionar o concepto de saúde e os coidados dende una perspectiva histórica, para comprender a evolución dos coidados de enfermaría. Comprender, dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina enfermera, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso do coidar, desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o bienestar, calidade e seguridade das persoas atendidas. Iniciar ao alumnado na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermaría (PAE) e nas taxonomías enfermeiras que na actualidade estánse a utilizar. E fomentar ao alumnado un espírito crítico e de integración para o traballo en equipo.