AVALIACIÓNGLOBAL: Para o alumnado que solicite oficialmente a Avaliación Global, realizarase un exame teórico-práctico cuxa avaliación será do 100% na nota final, na data oficial do exame dese curso académico. Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame teórico-práctico (Aprobación de cada parte do exame por separado, Preguntas Test e Preguntas Curtas). Se o alumnado decide elixir a modalidade de AVALIACIÓN GLOBAL deberá solicitalo explicitamente ao coordinador-a da asignatura, a travésdo formulario pertinente no prazo indicado. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, suporá unha cualificación de 0 (suspenso). No caso de detectar comportamentos fraudulentos durante unha proba presencial, o alumno, logo de ser identificado polo profesorado, deberá abandonar inmediatamente a proba. O profesorado deberá presentar un informe da incidencia ao órgano de dirección do centro. Consideracións xerais da avaliación: 1. A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA, en caso de ausencia por causa de forza maior, estará debidamente xustificada. A non asistencia aos seminarios dará lugar á perda da nota xerada polos mesmos. 2. Para aprobar a materia será necesario superar o exame teórico para poder sumar anota correspondente aos seminarios. 3.Valorarase a actitude do alumno, as achegas de interese, a participación, otraballo en equipo, o comportamento e o respecto cara ao profesor e aos demaiscompañeiros, así como o cumprimento dos horarios. 4. Cando oalumno non se presente á proba escrita final, considerarase non presentado. 5. Na probade segunda oportunidade (exames de xullo) manterase a cualificación obtida nosseminarios. 6.Xustificación das faltas: para que unha falta se considere xustificada, deberá presentarse ao profesorado responsable da materia (no prazo máximo dunha semana desde o día da ausencia) documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o alumno deberá avisar á profesora responsable coa suficiente antelación para intentar suplir a ausencia mediante unha sesión alternativa(por exemplo, con outro grupo de seminario). 7. A información relativa á data, hora e lugar do exame pódese consultar na dirección web da Escola de Enfermaría do Meixoeiro. A avaliación de JULIO estará baseada nas seguintes porcentaxes: Exame: 40%Preguntas tipo TEST, 40% Preguntas curtas. Seminarios: 20% Perseguirase o plaxio nos traballos e o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial. |