AVALIACIÓN
GLOBAL: Para o
alumnado que solicite oficialmente a Avaliación Global, realizarase un exame
teórico-práctico cuxa avaliación será do 100% na nota final, na data oficial do
exame dese curso académico. Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter
unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame teórico-práctico (Aprobación de cada
parte do exame por separado, Preguntas Test e Preguntas Curtas). “Para os
casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, suporá
unha cualificación de 0 (suspenso). No caso de detectar comportamentos
fraudulentos durante unha proba presencial, o alumno, logo de ser identificado
polo profesorado, deberá abandonar inmediatamente a proba. O profesorado deberá
presentar un informe da incidencia ao órgano de dirección do centro. Consideracións
xerais da avaliación: 1. A
asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA, en caso de ausencia por causa de forza
maior, estará debidamente xustificada. A non asistencia aos seminarios dará
lugar á perda da nota xerada polos mesmos. 2. Para
aprobar a materia será necesario superar o exame teórico para poder sumar a
nota correspondente aos seminarios. 3.
Valorarase a actitude do alumno, as achegas de interese, a participación, o
traballo en equipo, o comportamento e o respecto cara ao profesor e aos demais
compañeiros, así como o cumprimento dos horarios. 4. Cando o
alumno non se presente á proba escrita final, considerarase non presentado. 5. Na proba
de segunda oportunidade (exames de xullo) manterase a cualificación obtida nos
seminarios. 6.
Xustificación das faltas: para que unha falta se considere xustificada, deberá
presentarse ao profesorado responsable da materia (no prazo máximo dunha semana
desde o día da ausencia) documento que acredite debidamente a causa da falta.
Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita
médica) o alumno deberá avisar á profesora responsable coa suficiente
antelación para intentar suplir a ausencia mediante unha sesión alternativa
(por exemplo, con outro grupo de seminario). 7. A
información relativa á data, hora e lugar do exame pódese consultar na
dirección web da Escola de Enfermaría do Meixoeiro. A
avaliación de JULIO estará baseada nas seguintes porcentaxes: Exame: 40%
Preguntas tipo TEST, 40% Preguntas curtas. Seminarios: 20% |