Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e con nivelis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría |
B8 |
Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma na que viven so seu proceso de saúde-enfermidade |
B9 |
Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, sostendo o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas |
B10 |
Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a sua seguridade |
B11 |
Saber establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde |
B16 |
Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial |
C23 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do ámbito, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade |
C24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos |
C25 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade |
C26 |
Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde |
C27 |
Formar e informar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte |
D1 |
Capacidade de analise e sintese |
D2 |
Capacidade de organizacion e planificación |
D3 |
Capacidade de xestion de la informacion |
D4 |
Resolución de problemas y toma de decisiones |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar y multilingue |
D6 |
Habilidades nas relacions interpersoais |
D7 |
Razoamento critico |
D8 |
Aprendizaxe autonomo |
D9 |
Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espiritu emprendedor. Creatividade |
D10 |
Motivación pola calidade |
D11 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |