Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos |
B2 |
Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro |
B3 |
Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar |
B4 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá |
B6 |
Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida |
B7 |
Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa |
B9 |
Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable |
B11 |
Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar |
C2 |
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionales e sociais |
C6 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe |
C7 |
Analizar e comprender os procesos educativos no aula e fóra dela relativos ao periodo 6-12 |
C13 |
Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais |
C17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en Educación Primaria |
C21 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no periodo 6-12 |
C42 |
Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes |
C43 |
Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación
|
C47 |
Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino |
C48 |
Fomentar a lectura e animar a escribir |
C49 |
Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D12 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D15 |
Compromiso ético |
D16 |
Aprendizaxe autónoma |
D17 |
Adaptación a novas situacións |
D21 |
Iniciativa e espírito emprendedor |