O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso
de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN
CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos
do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de
aprendizaxe e no seu resultado final. Para iso, é necesaria a asistencia
continuada ás clases, por encima do 80% das sesións programas.
Para poder superar a materia é condición necesaria que o alumno/a obteña
en cada unha das partes polo menos un 45% da cualificación máxima
posible. Nese caso, a cualificación final do sistema de avaliación continua
será o resultado da suma das distintas notas obtidas, segundo as
porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior, e sempre que se obteña un valor igual ou superior a 5.
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, as
competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As datas e horarios das probas de avaliación de ambas as convocatorias correspóndense coas marcadas no calendario de probas de avaliación do
curso 2024-25 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/
AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente más de un 20% do
cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao
sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos
artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade
da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo
Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.
En ambas as modalidades, todo traballo copiado que se descubra ao longo do
curso penalizará por igual, tanto aos estudantes que copian como aos
copiados, e non se admitirá ningunha entrega fose do prazo establecido. En ambos
os casos, dita penalización implicará un 0 na súa cualificación.
Os correos electrónicos serán atendidos pola profesora sempre que sexan
enviados cunha correcta redacción e con información en Asunto que permita
identificar o contido do mesmo.
Estes criterios de avaliación son unha declaración de intencións sobre o
traballo dos estudantes na materia polo que poden sufrir lixeiras
modificacións. |