O sistema de avaliación
pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas
xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta
tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable
no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. Para iso, é necesaria
a asistencia continuada ás clases, por encima do 80% das sesións
programas.
A cualificación final do sistema de avaliación continua será o
resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades
realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no
cadro superior, sempre que se obteña a cualificación de aprobado en cada unha
delas (nota mínima de 5 sobre 10).
Aqueles estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria
manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán
que realizar novamente o exame e/ou os traballos/actividades non superados na
segunda convocatoria.
As datas e horarios das probas de avaliación de ambas as convocatorias
correspóndense coas marcadas no calendario de probas de avaliación do
curso 2023-24 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/
AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis
dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá
acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o
establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a
Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.
En ambas modalidades, todo traballo copiado que se descubra ao longo do curso penalizará por igual, tanto aos estudantes
que copian como aos copiados, e non se admitirá ningunha entrega fose do
prazo establecido. En ambos os casos, dita penalización implicará un 0 na
súa cualificación.
Os correos electrónicos serán atendidos pola profesora sempre que sexan enviados cunha correcta redacción e con información en Asunto que permita identificar o contido do mesmo.
Estes criterios de
avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos estudantes
na materia polo que poden sufrir lixeiras modificacións. |