Trátase de proporcionar ao futuro docente coñecementos científicos necesarios, teóricos e prácticos, para favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas do alumnado de Educación Primaria. Así acadará un dominio adecuado de técnicas didácticas, capacidade para seleccionar recursos e estratexias de intervención didáctica, criterios para analizar os diversos materiais e referentes para avaliar o progreso nas diferentes habilidades comunicativas.